Ao formular o pedido, terás a opción de abonar as compras mediante PayPal.
Se non tes unha conta de Paypal, non te preocupes.
Pasos para comprar con Paypal sen conta de Paypal
- Indica que desexas realizar o pago da túa compra a través de Paypal, pulsando no botón “Ir a PayPal”.
- Ao aceptar o pago con PayPal abrirase a seguinte xanela. Nestes momentos xa te atopas dentro do sistema de pago Paypal con todas as súas vantaxes de seguridade e privacidade.
- Abaixo atoparás un botón que di “Pagar con Tarjeta”. Selecciona esta opción.
- Automaticamente abrirase unha xanela despregable na que poderás introducir os teus datos para efectuar o pago coa túa tarxeta bancaria sen necesidade de abrir unha conta en Paypal.
- Cando completes os campos necesarios (non todos son obrigatorios), pulsa no botón amarelo “Pagar”.
- Paypal informarache de que o teu pago foi realizado con todas as garantías da súa plataforma e sen necesidade de abrir unha conta en Paypal.