Benvidos a
Cervexa Peregrina
Lager Orixinal
O noso camiño
Todo camiño se fai por etapas, avanzando paso a paso, tendo a mente na chegada, mais gozando en cada tramo.
A andaina de Peregrina deu comezo hai máis de 5 anos cunha profunda inmersión na cultura da cervexa artesá. Coñecer de primeira man os procesos de fermentación, traballar directamente cos cereais e o lúpulo e manexar os tempos, permitiunos experimentar, definir e axustar as propiedades e características do produto que queriamos ser.
Coa confianza que dá a experiencia, unha vez afinada a nosa receita, levamos a produción a un nivel que garantise a calidade e constancia do produto. En fábrica estudamos os parámetros necesarios para obter unha cervexa ben filtrada, limpa, sen amargores no retro-gusto.
Peregrina é hoxe unha lager orixinal, equilibrada, coa personalidade suavemente modelada nosos montes e a frescura das nosas paisaxes. Peregrina é a cervexa do Camiño, do teu camiño.
Para nós, “peregrinar” é unha filosofía a seguir. Significa que tomamos a vida en pequenos grolos, saboreando cada momento. Facendo do cotián algo para o recordo, creando boas experiencias que levar na nosa mochila vital. Un espírito que nos acompaña en todo o que facemos e no xeito de relacionarnos.
E tí, peregrinas?
Cervexa Peregrina
Actualmente xa non realizamos envíos.
Unha Nova Etapa
Descobre o sabor de Cervexa Peregrina.
Contacto
Queres saber máis sobre Cervexa Peregrina?