Cervexa Peregrina

Lager Original

cerveza peregrinaIMPRESIÓN XERAL
Peregrina é unha cervexa lager sen sabores fortes, ben equilibrada e unha carbonatación media.

AROMA
Identifícase un aroma a malta e gran con pouca presenza aromática de lúpulo. Presenta un perfil limpo.

APARENCIA
Cor entre pajizo e dourado. Limpa e ben filtrada sen practicamente sedimentos. Correcta escuma branca de retención media.

SABOR
Presenta un nivel de maltosidad medio baixo con presenza de gran con final fresco e seco. Amargor de lúpulo baixo, estando ben balanceada e equilibrada. O seu todo malta confírelle un agradable retrogusto neutro.

SENSACIÓN EN BOCA
Trátase dunha cervexa de corpo livián e carbonatación media con inexistencia de picor carbónico en lingua e padal.

INGREDIENTES
Peregrina é unha cervexa feita cun 100% malta de cebada, lúpulo, auga e fermento. Non posúe adxuntos, nin conservantes, nin aromatizantes e está baseada nos 4 ingredientes básicos da cervexa o que lle dá un carácter de pureza.

ESTADISTICAS VITAIS
IBUS….. 20
SRM….. 4
OG….. 1046
FF….. 1010
ABV….. 5.5%